Innovation in Climate Change Education

A pandemia da COVID-19 demostrou que a maioría dos sistemas educativos non estaban preparados para o mundo de oportunidades da aprendizaxe dixital, e que tamén é necesario e urxente fomentar unha cultura innovadora en toda a sociedade e a todos os niveis, comezando pola idade escolar. A educación STE(A)M (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas) permite que o alumnado desenvolva habilidades e competencias relacionadas coa innovación.

A pandemia é tamén unha chamada para renovar o compromiso cos ODS: para garantir que todos os mozos e mozas gocen da oportunidade de triunfar na escola e desenvolver coñecementos, competencias, actitudes e valores que lles permitirán contribuír á sociedade no que se refire á recuperación ecolóxica, porque persiste a necesidade de tomar medidas decisivas para abordar a crise do cambio climático. A ONU situou 2021-2030 como a Década das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible. Facer ao alumnado escolar partícipe disto de maneira experiencial permite inicialos na súa actuación como axentes da transición ecolóxica. marcando Ecoloxía e as TIC como eixos transversais para a divulgación científica creativa.